Saturday 20 de April de 2024

A Xunta sorteou tres vivendas de promoción pública en As Pontes


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu esta mañá ao sorteo ante notario de 3 vivendas de promoción pública no concello das Pontes. Os seleccionados foron elixidos nunha lista de persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda nos seus respectivos municipios.

No caso das Pontes as vivendas están ubicadas na rúa Sergio Rivera Chao con superficies que van desde os 43 metros cadrados aos 45 metros cadrados e todas contan con garaxe e rocho. Os inmobles van destinados a colectivos maiores de 60 ou menores de 35 anos. Unha vez publicado o listado provisional aqueles solicitantes que o consideren teñen un prazo de dez días naturais para presentar alegacións.

Os adxudicatarios poderán optar á vivenda en réxime de compravenda ou en réxime de arrendamento cunha vixencia de 7 anos prorrogables por períodos anuais. Trenor destacou que “a Xunta aposta por facilitar o acceso a vivendas aos colectivos con maiores dificultades”.